Ce film, reprend le travail entamé par Éliclipse. Au lieu de multiplier les objets, on s’est limité ici, en fonction de l’analyse des travaux précédents, à un seul objet, l’Arc de triomphe. Parmi de nombreuses variations offertes, nous en avons sélectionné une trentaine qui furent découpées verticalement, horizontalement et en diagonale. Le film, très dense, ramassé, tente de façonner la perception au moyen de traitements cinématographiques spécifiques qui accumulent des informations contradictoires, divergentes et paradoxales.
Œuvre appartenant au Network One (Cardiff) et à la French Library (Boston).
https://www.youtube.com/watch?v=JXQaOv-z2jE
« Based on the notion that « history flows through monuments », Enjeux attempts to deconstructs a powerful symbol, the Arc de Triomphe. By cutting photographs of the monuments taken from various vantage points reassembling them ananimating them, the film restructures the architectural elements of the object. Through quetionning the perceptual and the cinematic by working on both the visual and the symbolic,
creates a paradoxical play on power, representation and pleasure. » Michael Maziere
« The main issue. Power and representation. Representation through a power symbol : an arch. Arc de Triomphe. »yb
Film belonging to Network One (Cardiff) and to the French Library (Boston).
» Yann Beauvais é o fundador da revista Scratch e de, con Rose Lowder, a distribuidora Light Cone; crítico e promocionador do cinema experimental. O seu cinema, como o de Lowder ou Rhodes, enmárcase dentro do post-estruturalismo/materialismo, na busca de novas estratexias cinematográficas que lle permitan expresar a sexualidade (Lowder e Rhodes como mulleres, Beauvais como homosexual) como en Vo/id (1986). A súa obra pivota entre unha prática máis puramente formal, na que xoga coa fragmentación e o ritmo, e outra máis persoal na que as preocupacións políticas adquiren un maior relevo.
En Enjeux a pantalla fragméntase como en certo cinema de Lowder (Scenes de la vie française [1986]). Cada fotograma está dividido en arredor de quince franxas (horizontais, verticais, en diagonal ou misturadas) a través de cuxa montaxe simultánea percibimos tres planos diferentes do Arco de Triunfo (de frente, desde o ceo e en plano xeral ao final dos Campos Elíseos). Cada franxa recolle un fragmento dun destes tres planos distintos. Nunca se produce continuidade entre elas: as imaxes poden aparecer (en cada franxa) invertidas, desenfocadas, pertencer a outro dos tres planos, etc. Os cambios producidos son rápidos. Cada sección (ou frase musical) sepárase da seguinte con fotogramas brancos, que ao final se alongan e cambian de cor (cores pálidas, rosa).
A cor rosa tinxe ou superponse sobre as imaxes finais, diluindo a fronteira entre unha superposición real e unha “convivencia” de franxas rosas e outras figurativas dentro do mesmo plano. Enjeux é un tapiz formado por tres fíos figurativos e uns poucos máis abstractos. A fragmentación da pantalla é a repetición en bucle levada ao interior do fotograma, o que produce un maior dinamismo visual. Os presupostos son os mesmos que os do cinema de Kren e o de Lowder: como a obra destes, Enjeux é unha película cíclica, anticlimática, eternamente presente e sempre dinámica. »
Alberte Pagán in Introdución aos clásicos do cinema experimental 1945-1990 (CGAC, Compostela, 1999). http://albertepagan.eu/cinema/livros/introducion/#nota